Oleiros acollerá o 11 de abril a I Xuntanza das Terras Irmás con música, xantar popular e gran verbena

TerraChaXa
A programación arrancará ás 14.00 horas cunha sesión vermú amenizada polo grupo Hora Bruja
xuntanza-terras-irmans-oleiros
2 Apr 2026

A parroquia de Oleiros será escenario o vindeiro 11 de abril da I Xuntanza das Terras Irmás, unha cita festiva que nace co obxectivo de unir pobos e fortalecer lazos entre a veciñanza baixo o lema “Unindo pobos, creando historia”. A iniciativa está organizada pola Asociación Virxe do Carme de Oleiros e pola Asociación de Veciños Santiago de Sancovade.

A programación arrancará ás 14.00 horas cunha sesión vermú amenizada polo grupo Hora Bruja. Ás 15.30 horas celebrarase o xantar popular, que incluirá un sorteo para todas as persoas asistentes. Xa pola noite, ás 21.30 horas, terá lugar a cea, paso previo á gran verbena prevista para as 22.30 horas, na que volverá actuar Hora Bruja xunto ao Grupo Fusión.

A organización confirma que o evento se desenvolverá nun campo cuberto con carpa para garantir o seu normal desenvolvemento independentemente das condicións meteorolóxicas. A venda de tickets permanecerá aberta ata o 4 de abril, cun prezo de 35 euros para o xantar e 15 euros para a cea. As entradas poden adquirirse a través de calquera membro das asociacións organizadoras.

Con esta primeira edición, as entidades impulsoras buscan consolidar unha xornada de convivencia que combine gastronomía, música e participación veciñal, sentando as bases dun encontro que aspira a ter continuidade nos vindeiros anos.

0.11670994758606