Oleiros celebra a Romaría da Virxe do Carme a fin de semana próxima

TerraChaXa
Da Silva e Venus liderarán o apartado musical
romeria-virxe-do-carme-oleiros
Cartel
6 Xul 2024

A localidade de Oleiros celebra o 13 e 14 de xullo a Romería da Virxe do Carme.

O sábado terá lugar a misa ás 13.30 horas para abrir os actos festivos e despois actuará o grupo Da Silva en sesión vermú. Despois, sobre as 15.30 terá lugar a comida campestre tradicional, servida baixo carpa por Taberna O Trasno.

O menú, que terá un prezo de 32 euros, constará de empanada, xamón asado con pementos do piquillo, carrilleiras de porco en salsa con patacas, bebida, sobremesa, pan, café e licores. No caso de querer ir todo o día do sábado, pódese pagar un prezo de 45 euros.

Para os nenos de ata 12 anos haberá un menú infantil por 15 euros e constará de croquetas, coxa de pito con patacas, bebida, sobremesa e pan. Os menores de cinco anos irán de balde.

Durante a tarde haberá a actuación do grupo de gaitas. Tras unha cea a base de paella por 15 euros, terá lugar a verbena na que serán protagonistas o dúo Venus e Da Silva.

O domingo tamén haberá misa ás 13.30 horas con procesión e sesión vemú. Nesta ocasión estará a cargo do dúo Venus, antes dunha nova comida campestre. Nesta ocasión o menú terá un prezo de 30 euros por uns fritos e churrasco, ademais de bebida, sobremesa, pan, café e licores. O menú dos nenos terá o mesmo prezo e estará composto tamén de fritos e cinta de lombo con bebida, sobremesa e pan.

No caso de querer ir os dous días completos hai un bono por un prezo de 60 euros.

As persoas que desexen anotarse para a comida deben facelo nos teléfonos de Pablo (684 124 665), Elisa (673 440 745) e José (699 784 033). O campo da festa estará cuberto con carpa.

0.15244293212891