Oleiros e Lanzós están de festa a fin de semana

TerraChaXa
As localidades de Oleiros e Lanzós celebran esta fin de semana as súas festas. Así, terá lugar na primeira a Romería da Virxe do Carme.
concerto-musica-actuacion-festa1
12 Jul 2023

As localidades de Oleiros e Lanzós celebran esta fin de semana as súas festas. Así, terá lugar na primeira a Romería da Virxe do Carme.

O sábado terá lugar a misa ás 13.30 horas para abrir os actos festivos e despois actuará o grupo Paréntesis en sesión vermú. Despois, sobre as 15.30 terá lugar a comida campestre tradicional, servida baixo carpa por Taberta O Trasno. O menú constará de entremeses e empanada, lacón cocido con pementos, carne de tenreira asada con patacas, bebida, postre, pan, café e chupito.

Durante a tarde haberá a actuación do grupo de gaitas Os Tres Tradis. Tras unha cea a base de paella, terá lugar a verbena na que serán protagonistas Paréntesis e o dúo Venus.

O domingo tamén haberá misa ás 13.30 horas con procesión e sesión vemú. Nesta ocasión estará a cargo do dúo Venus, antes dunha nova comida campestre. Nesta ocasión o menú serán fritos e churrasco, ademais de bebida, sobremesa, pan, café e chupito.

As persoas que desexen anotarse para a comida deben facelo nos teléfonos 684 124 665, 673 440 745 e no 600 590 727. O campo da festa estará cuberto con carpa.

Tamén en Lanzós haberá festa na honra á Virxe do Carmen. O sábado o apartado musical estará a cargo de Máster, en dobre sesión, e Foliada d'Ases pola noite. O domingo só haberá sesión vermú coa actuación de La Hora Bruja.

Ademais, haberá misa os dous días ás 13.30 horas. O domingo a procesión estará acompañada de Cantareiros do Carabullo.

romeria-oleiros-festa
lanzos-festa
0.16165208816528