Oleiros, Santalla e San Xurxo celebran as Festas na Capela do Socorro este fin de semana

As parroquias de Oleiros, Santalla e San Xurxo preparan unha fin de semana de celebración coa tradicional romaría na honra á Virxe do Socorro. As festas terán lugar os días sábado 17 e domingo 18 de maio de 2025 no recinto da Capela do Socorro, cunha ampla programación relixiosa e musical.
O sábado 17 de maio comezará cunha misa solemne ás 13:30 h, seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Costa Dorada. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena a cargo das orquestras Costa Dorada e Gran Parada.
O domingo 18 de maio, a celebración retoma o mesmo formato con misa e procesión tamén ás 13:30 h, e unha nova sesión vermú que contará coa actuación do grupo Fénix.
Para garantir o confort dos asistentes, a organización contará cun campo cuberto con carpa. A comisión agradece especialmente a colaboración de empresas locais e das achegas anónimas que fan posible o evento.