Once centros da comarca participan en programas de clubs de lectura

TerraChaXa | LugoXa
O programa Clubs de Lectura impulsado pola Xunta de Galicia chega este curso a 213 centros escolares de toda Galicia e a aproximadamente 10.
YppFYCdpMo7F0TJMw1XvyW7w4NyV 0BnIa Q6Led_Ykg8dtN hwKX0m5f3rgNItsH0Gt93YyGS0oTVhhsIxtLT2GTbwkO FUX0WsFlUnHSlimcU8wu1RW20vcV8BU2Tw_A5Q4sOx_IGOeWMS2q4zk_dvZqmWdOXRzKw=s0 d e1 ft
10 Jan 2021

O programa Clubs de Lectura impulsado pola Xunta de Galicia chega este curso a 213 centros escolares de toda Galicia e a aproximadamente 10.100 participantes.

O programa vai dirixido a centros públicos titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparten ensinanzas de ESO, Bacharelato, FP ou de réxime especial. Por provincias, do total de participantes neste curso, 86 centros pertencen á provincia da Coruña, 34 centros á de Lugo, 23 á de Ourense e 70 á provincia de Pontevedra.

Na comarca participan o IES da Terra Chá, José Trapero Pardo de Castro, o CPI Plurilingüe Virxe do Monte Cospeito, o CPI Dr. López Suárez de Friol, o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, o IES Pedregal de Irimia de Meira, o IES Fonmiñá da Pastoriza e os IES Lois Peña Novo e Santiago Basanta Silva de Vilalba.

Na veciña As Pontes participan tamén os IES Moncho Valcarce e Plurilingüe Castro da Uz.

A iniciativa, que forma parte do Plan Lía de Bibliotecas escolares, ten como obxectivo impulsar o hábito lector, mellorar as habilidades sociais e a aprendizaxe desde o espazo da biblioteca escolar de cada centro.

Para tal fin, o Goberno galego destina un total de 220.000 euros a este programa cunha asignación por centro para, fundamentalmente, a adquisición de libros para as actividades do club de lectura (que posteriormente pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca) e para outros gastos derivados do seu funcionamento.

Convivencia e autoestima

Estes clubs actúan como grupos de dinamización a prol da lectura nas comunidades educativas e como ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida. Asemade, ao implicar a diferentes membros da comunidade, son espazos para a convivencia e a educación cidadá; ao tempo que son útiles para incorporar á lectura a mozos e mozas con pouco interese por este hábito. Estanse demostrando, así mesmo, útiles para mellorar a autoestima e as habilidades sociais e de lectura do alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe.

Por outra banda, nestas reunións adoitan introducirse as tecnoloxías da comunicación e a lectura dixital, así como as relacións con outros clubs, con bibliotecas públicas ou con entidades culturais do entorno máis próximo.

O pasado curso participaron nesta iniciativa un total de 247 centros de toda Galicia e aproximadamente 13.100 alumnas e alumnos.

0.14188504219055