Organiza en Ribadeo unha excursión aos mercados portugueses

TerraChaXa | AMariñaXa
18 Mar 2019

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión aos mercados portugueses de Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho. Será este sábado, día 23.
Hai dúas opcións para participar: unha inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo e o seguro de asistencia, cun prezo de 30 euros; e a outra, ademais do anterior, inclúe a comida e o prezo total é de 40 euros.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.

0.16738414764404