Organizan a IV Carreira Popular Concello de Cospeito para este domingo, que terá un fin solidario

O Concello de Cospeito presentou a cuarta edición da Carreira Popular Concello de Cospeito, que se celebrará o domingo 26 de outubro, ás 11:30 horas. Esta proba deportiva, xa consolidada no calendario local, combina deporte, convivencia e solidariedade, pois a recadación íntegra irá destinada á Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 23 de outubro ás 23:59 horas a través da páxina web ccnorte.com, onde tamén está dispoñible o regulamento da carreira.
A iniciativa forma parte do compromiso do Concello de Cospeito coa promoción de hábitos de vida saudable e coa solidariedade social. Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Prevención e Loita contra o Cancro de Mama, o 19 de outubro, o Concello quixo amosar o seu apoio a todas as persoas que loitan contra esta enfermidade e lembrar a importancia da detección precoz, da investigación científica e das accións que reduzan o impacto emocional e social do cancro.
Haberá diferentes carreiras en función das categorías, que irán desde pitufos, con 150 metros de percorrido ata Sub 20-23 con 10.000 metros, a mesma distancia que farán os sénior e os Máster. Estos últimos serán os primeiros en saír, ás 11.30 horas.
Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta e tamén de cada categoría tanto masculinos coma femininos. Así mesmo, haberá trofeo para os tres primeiros empadroados en Cospeito, tanto de categoría masculina como feminina. Todos os pitufos recibirán unha medalla pola súa participación e non haberá nin trofeos nin clasificación. No resto tamén se premiará aos tres primeiros clasificados.