Organizan o próximo sábado en Friol un obradoiro de control do estrés
TerraChaXa
Organizan o próximo sábado en Friol un obradoiro de control do estrés dirixido á poboación en xeral o día 5 de marzo, sábado
28 Feb 2022
O centro social de Friol acollerá un obradoiro de manexo do estrés e a ansiedade dirixido á poboación en xeral o próximo día 5 de marzo, sábado. A formación realizarase en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Os obxectivos son aprender a xestionar as emocións, conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade e lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/o transición vital: enfermidade, dolo etc.
Para participar poden poñerse en contacto coa organización a través web da escola galega de saúde https://escolasaude.sergas.es/.