Organizan clases de pádel na Pastoriza

TerraChaXa
O prazo de inscrición está aberto
padel
5 Oct 2024

A Asociación Cultural Miño e o Concello da Pastoriza anuncian a celebración de clases de pádel para todas as idades.

Esta idea xurdiu logo do éxito que obtivo o torneo celebrado na localidade e o obxectivo de abrir a práctica deste deporte a todo o que o desexe.

As persoas interesadas en apuntarse poden facelo no 659 555 176. As clases, que poden ser en grupo o individuais, daranse na pista de pádel da Pastoriza.

⚙ Configurar cookies
0.16668915748596