Organizan cursillos de Piragüismo no Lago das Pontes durante Semana Santa

O Grupo Xuvenil de As Pontes, co apoio da Deputación da Coruña, organiza entre os días 17 e 20 de abril unha nova edición dos cursiños de piragüismo de Semana Santa, unha iniciativa aberta a todos os públicos que se celebrará no Lago de As Pontes a partir das 11:30 horas.
Os requisitos para participar non poderían ser máis inclusivos: poden inscribirse persoas de calquera idade, sexan socias ou non do club, sempre que teñan curiosidade polo piragüismo e gañas de pasalo ben.
A organización ofrece información e rexistro de maneira presencial no Embalse da Ribeira, en As Pontes, os venres de 17:00 a 20:00 horas e os sábados e domingos de 10:30 a 14:00 horas.
Esta proposta deportiva preséntase como unha excelente oportunidade para desfrutar da natureza, aprender un novo deporte e compartir unha experiencia divertida durante as vacacións de Semana Santa.