Organizan de novo a excursión a Pontevedra e Combarro para o día 31

TerraChaXa
O próximo mércores día 31 de agosto, o  Concello de Begonte levará de excursión a Pontevedra e Combarro aos veciños.
viaxe catamaran excursion combarro begonte portada
26 Ago 2022

Debido ao éxito da viaxe realizada o mércores, o próximo, día 31 de agosto, repetiarase a excursión a Pontevedra e Combarro dirixida aos veciños de Begonte, que poderán gozar dunha viaxe en catamarán e dunha mariscada a bordo.

O prezo da excursión é de 35 euros para veciños e 45 para os non empradroados. A organización estableceu un máximo de 50 prazas, para as que a inscrición remata o 29 de agosto e que se cubrirán por orde de entrada.

Para realizar a inscrición será necesario cubrir o modelo de solicitude, achegar o DNI, a tarxeta sanitaria e o xustificante de pago (facilitarase o número de conta para facer o ingreso na propia solicitude).

viaxe catamaran excursion combarro begonte
0.1948299407959