Organizan de novo a tradicional viaxe á neve para a mocidade das Pontes
O Concello das Pontes informa de que xa está aberto o prazo para inscribirse na Campaña de Neve 2025, organizada pola Deputación da Coruña, que este ano se levará a cabo de novo na estación Valgrande-Pajares (Asturias).
A campaña está dirixida a rapaces e rapazas, empadroados nas Pontes, con idades comprendidas entre o 11 e os 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2024), tendo preferencia a rapazada que non participase en ningunha campaña da neve da Deputación. Os nenos/as ponteses/as participarán na nova quenda, que se desenvolverá entre o 24 e o 27 de xaneiro de 2025.
A cota de inscrición é de 85 euros, que se abonarán posteriormente tras a confirmación das sete prazas dispoñibles para o concello. As persoas interesadas en participar nesta campaña poden inscribirse, ata o día 2 de decembro, na primeira planta da casa consistorial.
Máis información nos números de teléfono: 981 45 26 02 – 634 671 968