Organizan dous cursos formativos para parados nas Pontes

TerraChaXa
A Fundación Laboral de la Construcción Galicia organiza dous cursos de balde, entre o 19 de abril e o 3 de maio, para demandantes de emprego.
formacion as pontes portada
9 Abr 2021

O Concello das Pontes e a Fundación Laboral de la Construcción Galicia organizan dous cursos de balde, entre o 19 de abril e o 3 de maio, dirixido a demandantes de emprego con empadroamento en As Pontes.

Trátase dunha formaicón de nivel básico de prevención en construción e outro de PRL para Operadores de aparatos elevadores.

As persoas interesadas poden solicitar máis información e inscribirse nos números de teléfono 634 790 764 e/ou 664 019 792. O prazo de inscrición remata o 14 de abril, mércores, e pode realizarse entre as 9.00 e as 14.00 horas na área de emprego das Pontes.

O curso impartirase en horario de mañá, de 8.30 a 14.30 horas na Casa Dopeso.

curso as pontes parados
0.16476607322693