Organizan dous obradoiros on line na comarca sobre o uso da tecnoloxía dixital
O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza dous obradoiros online para abordar un uso responsable das pantallas dirixido por un lado para adolescentes, e por outro lado para as familias, impartidos por profesionais da plataforma empantallados.com.
O primeiro será este xoves, 11 de maior, de 18.00 a 19.00 horas to título Sesión para adolescentes. Redes sociais e pegada dixital, coo aproveitalas para o teu beneficio.
O obxectivo deste taller é ofrecer ás e ós adolescentes unha reflexión sobre as redes sociais e uso das pantallas, así como recursos para obter un benestar dixital. Estará a cargo de Rocío García da plataforma empantallados.com. Está orientada a alumnado de ESO dos concellos da agrupación.
O 18 de maio, de 18.00 a 19.00 será a segunda das sesións, para pais e nais, co títutlo Móbiles e outras pantallas, unha oportunidade para educar.
O obxectivo é abordar o papel educativo que ten a familia mediante o acompañamento dentro da contorna dixital (móbiles, videoxogos e redes sociais, etc). Estará cargo tamén de Rocío García de empantallados.com. Está dirixido a nais e pais con fillas ou fillos de todas as idades dos concellos da agrupación.
A inscrición pode realizarse ata o 9 de maio por mail en prevenciondrogas@rabade.org (actividade, nome e apelidos, Concello, mail e tlf), teléfono 982 390 062 ou neste enlace.