Organizan en Begonte un curso de solo pélvico

TerraChaXa
O obxectivo principal desta formación é mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller
curso-solo-pelvico-begonte
19 Feb 2025

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Begonte, en colaboración coa Escola Galega de Saúde, organiza o próximo luns 10 de marzo un curso gratuíto co título Solo Pélvico, dirixido principalmente a mulleres, pero aberto tamén á poboación en xeral.

O obxectivo principal desta formación é mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller, así como previr enfermidades propias do colectivo feminino.

O programa do curso abordará temas como a anatomía e funcións do solo pélvico, a súa relación co embarazo e o parto, as repercusións do exercicio físico, patoloxías asociadas e técnicas de tratamento. Ademais, incluirá unha sesión práctica para recoñecer e fortalecer a musculatura desta zona.

A docencia estará a cargo de Cristina Ouro Núñez, matrona do Complexo Hospitalario de Lugo, quen guiará as participantes a través de explicacións teóricas e exercicios prácticos.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 4 de marzo a través desta ligazón.

0.14637804031372