Organizan en Begonte un obradoiro de educación emocional e sexual
Dende o servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organízase un obradoiro en Begonte dirixido a nais e pais para abordar a temática da educación emocional e sexual.
O obradoiro será impartido por persoal do Centro Quérote+ de Lugo. A actividade terá lugar o 14 de marzo, luns, de 16.45 a 18.15 na casa da dultura de Begonte.
É preciso inscribirse enviando os datos ao mail: prevenciondrogas@rabade.org.
Este obradoiro ten como obxectivo crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades da crianza sen sentimentos de culpa ou xuízos de valor; dotar de coñecementos básicos para a educación sexual e a construción de ferramentas que axuden na xestión diaria da educación dos fillos e fillas.