Organizan en Begonte un obradoiro sobre muller e saúde
Begonte acollerá un obradoiro de Muller e Saúde enmarcado dentro da programación de actividades do 8 de Marzo: Día Internacional da Muller.
Este obradoiro está dirixido especialmente ás mulleres para abordar o seu benestar específico ofrecendo información que permita mellorar e manter a súa saúde. O obradoiro será impartido por persoal da Escola Galega de Saúde.
Este terá lugar na casa da cultura de Begonte o 9 de marzo de 2022, de 16.30 a 18.30 horas.
Os obxectivos son mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino; polo tanto durante a formación tratase sobre menopausia e osteoporose, prevención xinecolóxica, factores de risco, fisiopatoloxía, alimentación e exercizo.
Dirixido á poboación xeral, a inscrición pode facerse no propio concello, no correo deportes@concellodebegonte.es, por whasapp no teléfono 619 455 026 ou no teléfono 982 396 143.