Organizan en Begonte unha excursión á Costa da Morte
TerraChaXa
O próximo mércores día 15 de xuño, o Concello de Begonte organizou unha viaxe á Costa da Morte con 100 prazas a cubrir por orde.
11 Xuño 2022
O próximo mércores día 15 de xuño, o Concello de Begonte organizou unha viaxe á Costa da Morte para coñecer o Castelo de Vimianzo, Virxe da Barca, a Cascada do Ézaro e o Faro de Fisterra.
As persoas interesadas en participar deberán abonar 25 euros, para os empadroados en Begonte, e 25 para os de fóra. Hai 100 prazas que se cubrirán por orde de inscrición no Concello.
A excursión inclúe almorzo, comida e viaxe.
Para realizar a inscrición será necesario cubrir o modelo de solicitude, achegar o DNI, a tarxeta sanitaria e o xustificante de pago (facilitarase o número de conta para facer o ingreso na propia solicitude).