Organizan en Begonte unha excursión a Oviedo

TerraChaXa
O próximo mércores día 31 de maio, o Concello de Begonte organizou unha  viaxe a Oviedo con 50 prazas a cubrir por orde.
excursion oviedo begonte portada
excursion oviedo begonte portada
28 Maio 2023

O próximo mércores día 31 de maio, o Concello de Begonte organizou unha  viaxe a Oviedo que contempla unha visita guiada pola cidade, un xantar nun lugar típico da zona para desfrutar da espicha de sidra e, por último, visitar tamén Santullano.

As persoas interesadas en participar deberán abonar 35 euros, para os empadroados en Begonte, e 50 para os de fóra. Hai 50 prazas que se cubrirán por orde de inscrición no Concello.

A excursión inclúe almorzo, comida, guía e viaxe.

Para realizar a inscrición será necesario cubrir o modelo de solicitude, achegar o DNI, a tarxeta sanitaria e o xustificante de pago (facilitarase o número de conta para facer o ingreso na propia solicitude).

O prazo de inscrición remata o luns 29 de maio.

excursion oviedo begonte
0.084737062454224