Organizan en Cabreiros un obradoiro de risoterapia

A Casa Escola de Cabreiros acollerá o mércores 12 un obradoiro de risoterapia que se impartirá de 16.30 a 19.30 horas.
As inscricións deben facerse nos servizos sociais do concello, no teléfono 607 843 384 ou en afalu@afalu.org.
O curso estará a cargo de Afalu Alzheimer e ten como obxectivo aprender a xestionar e canalizar as emocións, conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade e lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital: enfermidade, dó, etc.
No programa inclúese a risoterapia e o benestar para falar de beneficios físicos e psicolóxicos e as dinámicas e técnicas para a realización de diferentes xogos e actividades.