Organizan en Cabreiros unha nova reunión informativa sobre o novo parque eólico
Os veciños de Cabreiros están convocados a unha nova xuntanza informativa sobre a construción do parque eólico Santuario de 180 MW, que elevará a súa estrutura entre as provincias da Coruña e Lugo.
Actualmente está en información pública o estudo de impacto ambiental deste parque eólico, prazo que remata o 8 de setembro e que pode consultarse on line.
Esta xuntanza tenterá aclarar dúbidas sobre dereitos da veciñanza e impacto ante a implantación do futuro parque eólico.
A sesión estará a cargo de Xavier Simón Fernánde, do Observatorio Eólico de Galicia e especialista en economía aplicada da Universidade de Vigo. Terá lugar o xoves, 2 de setembro, ás 16.30 horas na Casa Escola de Cabreiros.
O aforo estará limitado polo que haberá que reservar nos teléfonos 606 282 251 e 686 104 780.