Organizan en Castro Ribeiras de Lea un obradoiro sobre exercicio e ocio saudable
O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un obradoiro de exercicio e ocio saudable no Concello de Castro de Rei dirixido á poboación en xeral.
Este terá lugar no edificio da antiga escola de Castro Ribeiras de Lea (fronte á caseta do polbo) o día 28 de setembro, de 16.30 a 30.20 horas.
Impartido pola Escola Galega de Saúde ten como obxectivos desenvolver actividades físicas que atrasen o envellecemento e a perda de masa corporal favorecendo a prevención de enfermidades; coñecer a importancia do estilo de vida (ocio) no benestar persoal e mantenemento do contacto directo da persoa co entorno, e conseguir un descanso/soño satisfactorio que lle permita realizar as actividades da vida diaria sin que supoña esforzo, e cun estado de tranquilidade.
Na xornada falase dos beneficios do exercicio físico para a saúde, física, intelectual e emociona, a ocupación do tempo libre como forma de satisfacción e/ou terapia, tipos de ocio, individual/grupal, de actividades activas/pasivas, coñecer as necesidades/hábitos/costumes e alteracións que interfiren no soño (insomnio, dor, soño diúrno, fármacos, nicturia, etc ... ), factores biolóxicos que inflúen no soño: idade, nutrición, estado de saúde, condicións que favorecen e dificultan o descanso/soño e a interrelación da necesidade descanso/soño con outras necesidades: osixenación, alimentación, eliminación, manter postura adecuada.
O obradoiro está dirixido á poboación en xeral e a inscrición está aberta ata o 23 de setembro a través da web da escola galega de saúde https://escolasaude.sergas.es/ ( listado de cursos presenciais); no mail prevenciondrogas@rabade.org remitindo : nome e apelidos, enderezo, teléfono, dni e mail, ou no teléfono 982 390 062 (María Barreiro).