Organizan en Friol un taller sobre o abuso dos videoxogos
Dende o servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organízase un obradoiro en Friol dirixido a nais e pais para abordar a temática sobre as adiccións comportamentais e máis concretamente sobre os videoxogos, e xogos de apostas. A Actividade terá lugar no Concello de Rábade e será impartido por Gerardo Rodríguez da asociación Agalure.
A sesión terá lugar o mércores 6 de abril entre as 16.45 e as 18.15 horas no centro sociocultural de Friol.
Esta actividade pretende complementar os obradoiros que se levarán a cabo tamén no mes de abril no CPI Doctor López Suárez, para o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO nos que se abordarán as adiccións sen sustancia ou comportamentais, facendo especial fincapé aos xogos de aposta, así como os videoxogos e outras adiccións das novas tecnoloxías.
A inscrición pode facerse ata o 1 de abril a través do teléfono 982 390 062 ou no correo prevencionedrogas@rabade.org.