Organizan en Friol unha festa do cocido polo Entroido

LugoXa | TerraChaXa
Está convocado pola Asociación Cultural Festas Santa Isabel para o 16 de febreiro
Cocido galego
8 Feb 2026

A Asociación Cultural Festas Santa Isabel organiza unha gran Festa de Cocido de Entroido en Friol, que terá lugar o luns 16 de febreiro no Multicentro da localidade. O evento comezará ás 21:30 horas e incluirá a actuación musical de Nerea Cobas e sorteos.

O prezo para participar é de 20 euros para socios e 25 euros para non socios. Ademais, as persoas que asistan disfrazadas poderán optar a premios, recoñecendo os mellores disfraces, comparsas e dúos.

A data límite para apuntarse é o 12 febreiro. Para máis información ou para reservar praza, pódese contactar con Alejo, Morandeira, Farras, Jorge, Manolito, Nilo e Rafa.

 

⚙ Configurar cookies
0.085008144378662