Organizan en Friol unha festa do cocido polo Entroido

LugoXa | TerraChaXa
Está convocado pola Asociación Cultural Festas Santa Isabel para o 3 de marzo
cocido-festas-friol
10 Feb 2025

A Asociación Cultural Festas Santa Isabel organiza unha gran Festa de Cocido de Entroido en Friol, que terá lugar o luns 3 de marzo no Pavillón de Deportes da localidade. O evento comezará ás 21:30 horas e incluirá unha actuación musical dende as 00:00 ata as 03:00 horas.

O prezo para participar é de 15 euros para socios e 23 euros para non socios. Ademais, as persoas que asistan disfrazadas poderán optar a premios, recoñecendo os mellores disfraces, comparsas e dúos.

A data límite para apuntarse é o 26 de febreiro de 2025. Para máis información ou para reservar praza, pódese contactar Luis Farras (628 665 594), Morandeira (670 780 588), Rafa (699 994 060), Alejo (619 546 201) e Jorge (659 623 815).

0.13714194297791