Organizan en Friol unha ruta a cabalo para o día 1 de abril

TerraChaXa | LugoXa
Un grupo de veciños de Friol vén de organizar unha ruta a cabalo que se desenvolverá o próximo 1 de abril cun ata a Cova da Serpe.
RUTA CABALO FRIOL PORTADA
13 Mar 2023

Un grupo de veciños de Friol vén de organizar unha ruta a cabalo que se desenvolverá o próximo 1 de abril cun percorrido dende o campo da festa de San Mamede de Nodar ata a Cova da Serpe.

A saída desta actividade, que está aberta a toda a poboación, será ás 10.30 horas facéndose unha parada con petiscos cando se chegue á cova.

Regresarase para xantar no Bar Miragaya, a partir das 14.30 horas, un menú a base de callos, carne asada con patacas, pan, bebida, café e chupito por un prezo de 16 euros.

As persoas interesadas en asistir poden anotarse antes do día 26 nos teléfonos 622 862 488 ou no 629 101 171. Farase un sorteo despois do xantar entre todos os asistentes.

Esta proba, que non ten carácter competitivo, consiste nun  paseo a cabalo no que poden participar todos os que queiran sempre que se fagan responsables do seu propio animal.

RUTA CABALO FRIOL
0.17842197418213