Organizan en Guitiriz unha formación práctica para mulleres sobre aproveitamento da resina

TerraChaXa
Está programada para os días 21 e 22 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas
curso-castana-resina-guitiriz
1 Nov 2025

A Escola Habanera do Concello de Guitiriz acollerá unha formación práctica para mulleres sobre o aproveitamento da resina, organizada por Proyecto Cares. Leva por título Castaña y resina como aprovechamiento multifuncional para impulsar la gestión forestal activa y el desarrollo rural en el noroeste peninsular.

Está programada para os días 21 e 22 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas, e ten como obxectivo impulsar modelos de xestión conxunta dos aproveitamentos de resina e castaña, xerando así novos postos de traballo de calidade e de longa duración vencellados ao sector primario.

A formación, de carácter gratuíto e exclusiva para mulleres, está orientada a aquelas interesadas na extracción de resina de piñeiro e na cosmética natural como posibles actividades profesionais ou complementarias o seu labor actual.

Durante as dúas xornadas, as participantes recibirán tanto contidos teóricos como prácticos. O primeiro día centrarase nos métodos de extracción da resina, así como nos canais de venda e comercialización, mentres que a segunda sesión estará dedicada á elaboración de xabóns artesáns a partir da resina, poñendo en valor este recurso natural.

As inscricións permanecerán abertas ata o 18 de novembro e poderán formalizarse a través do formulario en liña dispoñible na páxina web do proxecto (https://caresgestionforestal.com).

Para máis información, pódese chamar ao 680 20 83 20 ou escribir ao correo electrónico proyectocares@gmail.com.

⚙ Configurar cookies
0.07204008102417