Organizan en Guitiriz unha viaxe a Allariz para o día 13

TerraChaXa
As inscricións estarán abertas ata o 10 de decembro e pódense formalizar de xeito presencial na Oficina de Turismo
viaxe-allariz-desde-guitiriz
3 Dec 2024

O Concello de Guitiriz abre este luns, 2 de decembro, as inscricións para anotarse na viaxe a Allariz polo Nadal, programada para o venres 13 de decembro. A saída, que está organizada por Lucsa Viaxes en colaboración co Concello, ten un prezo de 40 euros por persoa que incluirán o almorzo, a comida e os traslados.

As inscricións estarán abertas ata o próximo 10 de decembro e pódense formalizar de xeito presencial na Oficina de Turismo do Concello. Conta con prazas limitadas, pero será preciso que se anoten un mínimo de 35 persoas para que se leve a cabo.

A saída cara a Allariz está programada ás 9:00 horas desde o Campo da Feira. Pódese solicitar máis información chamando ao 982 37 01 09.

0.16518998146057