Organizan en Guitiriz unha viaxe ao Grove o 30 de setembro
O Concello de Guitiriz organizará unha viaxe ao Grove o luns 30 de setembro. Na viaxe realizarase un percorrido en catamarán pola ría de Arousa e terá un prezo de 55 euros por persoa, incluíndo o transporte, o almorzo e a comida.
O prazo de inscricións estará aberto desde o martes 17 de setembro ata o mércores 25 de setembro. As inscricións pódense formalizar de xeito presencial na Oficina de Turismo do Concello. Haberá prazas limitadas, pero para a realización da viaxe é preciso que se apunten un mínimo de 35 persoas.
Ademais da viaxe en catamarán tamén se realizará un almorzo e unha comida que será servido na propia embarcación durante o percorrido. A comida estará composta de entrante, mariscada ou parrillada de carne, sobremesa e café, aínda que tamén haberá sorpresas.
A saída está programada para as 8:00 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz. As persoas interesadas poden solicitar máis información chamando ao teléfono 982 37 01 09.