Organizan en Muimenta un curso sobre dúbidas tecnolóxicas

TerraChaXa
O próximo xoves de feira, que coincidirá o 2 de febreiro, a Asociación cultural Aquilino Iglesia Alvariño celebrará un curso para resolver as dúbidas tecnolóxicas, que se celebrará de 12.
30 Xan 2023

O próximo xoves de feira, que coincidirá o 2 de febreiro, a Asociación cultural Aquilino Iglesia Alvariño celebrará un curso para resolver as dúbidas tecnolóxicas, que se celebrará de 12.00 a 14.00 horas no local social do Centro Médico de Muimenta.

Trátase dun curso gratuíto para persoas socias e terá un prezo simbólico de 2 euros para persoas non socias.

Entre algúns dos temas a tratar figura instalar e configurar algunha aplicación (whatsApp, Facebook...), aprender a pedir unha cita médica, recuperar contrasinais, meterse no grupo de WhatsApp da Asociación Cultural, enviar audios e fotos por WhatsApp e facer unha videochamada.

0.10588502883911