Organizan en Muimenta un taller de primeiros auxilios o día 20

Muimenta acolle un obradoiro de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral que terá lugar no Centro Médico desta localidade o 20 de febreiro ás 16.30 horas.
Os obxectivos do curso céntranse en adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos e en aclarar dúbidas referentes aos primeiros auxilios.
Explicarase como chamar ao 061, a asistencia inicial ante un traumatismo, feridas, hemorraxias, convulsións, crises epilépticas, dificultade respiratoria (ansiedade, crise asmática), dor torácica, queimaduras e escaldaduras, perdas de coñecemento, hipoglucemias, reaccións alérxicas, intoxicacións, reanimación cardiopulmonar básica en adultos e infancia, atragantamento e recoñocemento dunha PCR.
As inscricións poden realizarse ata o 17 de febreiro na Mercería Teresa. O curso está organizado pola Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño.