Organizan en Muimenta unha charla sobre acollemento familiar

TerraChaXa
Varias entidades, entre elas LAR de Muimenta, organizan este venres, 21 de abril, ás 20.00 horas, unha charla sobre acollemento familiar.
familia
20 Abr 2023

Varias entidades socioculturais de Cospeito, entre elas LAR de Muimenta, organizan este venres, 21 de abril, ás 20.00 horas, unha charla sobre acollemento familiar dentro do prograam En Familia.

Esta terá lugar na Igrexa Vella de Muimenta e e está aberta a toda a poboación. Búscase achegarlle á sociedade a realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección e dar a coñecer o acollemento familiar. Non fai falta ter intención de acoller a un/unha menor para informarse sobre o que significa o acollemento. Tamén é necesario para convivir co acollemento, para saber formar parte dunha sociedade diversa, con diferentes maneiras de ser familia.

0.19307899475098