Organizan en Outeiro de Rei un curso de primeiros auxilios

TerraChaXa | LugoXa
O servizo de prevención de condutas adictivas organiza un obradoiro de primeirosauxilios no Concello de Outeiro de Rei.
curso primeiros auxilios outeiro de rei_portada
28 Xan 2022

O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un obradoiro de primeiros auxilios no Concello de Outeiro de Rei dirixido á poboación en xeral.

Este terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei o día 10 de febreiro, de 16.30 a 20.30 horas.

Os obxectivos do curso céntranse en adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxílios básicos e en aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios.

Explicarar ase como chamar ao 061, a asistencia inicial ante un traumatismo, feridas, hemorraxias,  convulsións, crises epilépticas, dificultade respiratoria (ansiedade, crisis asmática), dor torácica, queimaduras e escaldaduras, perdas de coñecemento, hipoglucemias, reaccións alérxicas, intoxicacións, reanimacion cardiopulmonar básica en adultos e infancia, atragantamento e recoñocemento dunha PCR.

A docencia estará ao cargo de Marta Fernández López, enfermeira asistencial da Base de Lugo do 061 Galicia.

As incricións están abertas ata o 9 de febreiro de 2022 a través da web da escola galega de saúde (https://escolasaude.sergas.es), ou no mail: prevenciondrogas@rabade.org, remitindo nome e apelidos, enderezo, teléfono, DNI e mail.

0.10793995857239