Organizan en Outeiro de Rei un curso para presentar a app sobre sanidade e realidade virtual
LugoXa | TerraChaXa
O obxectivo desta actividade é fomentar o envellecemento activo e prevención da fraxilidade mediante o uso desta tecnoloxía
24 Out 2024
O Concello de Outeiro de Rei en colaboración coa Rede Galega de Promoción da Saúde (Regaps) organiza unha xornada para a presentación da App En Movemento de Sanidade e Mediaverso da Dirección Xeral de Saúde Pública para persoas maiores de 60 anos.
O obxectivo desta actividade é fomentar o envellecemento activo e prevención da fraxilidade mediante o uso da Realidade Virtual.
A sesión terá lugar este venres, 25 de outubro, as 10:30 horas, no ximnasio do pavillón de Outeiro de Rei. As persoas que desexen inscribirse poden facelo na casa da cultura ou no teléfono 982 393 408.