Organizan en Pino unha excursión a Barcelos, en Portugal
TerraChaXa
San Mariño de Pino, en colaboración coa do Cruceiro San Pedro de Seixas, organizan un viaxe e unha ruta de senderismo por Taramundi.
20 Abr 2024
A asociación San Mariño de Pino, en colaboración coa do Cruceiro San Pedro de Seixas, organizan unha viaxe a Barcelos, Portugal, que terá lugar o mércores 1 de maio.
Sairán ás 7.00 horas dos puntos habituais con parada para almorzar. Eb Barcelos visitarán a súa feira, a máis grande de Portugal, que nesas datas celebra a Festa das Cruces. Despois do xantar farán unha visita a Pontevedra.
No prezo da viaxe está incluído o almorzo e o xantar. Este é de 55 euros para socios e 65 para os non socios. É preciso reservar antes do 23 de abril.