Organizan en Pino unha excursión ao Saviñao, na Ribeira Sacra
TerraChaXa
A excursión é de balde pero ten unicamente 21 prazas polo que se fará un sorteo entre todos os que se apunten o día 11 de agosto ás 13.00 horas no local social
4 sep 2024
A asociación San Mariño de Pino organiza unha viaxe ao Saviñao, na Ribeira Sacra, que terá lugar o xoves 12 de setembro dentro do programa Coñece a túa provincia, da Deputación.
Os participantes visitarán o museo de Arxeriz e realizará unha ruta en catamarán.
A excursión é de balde pero ten unicamente 21 prazas polo que se fará un sorteo entre todos os que se apunten o día 11 de agosto ás 13.00 horas no local social.