Organizan en Pol unha nova ruta polos fornos do termo municipal

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Será o domingo 22 organizada pola asociación de mulleres rurais e o colectivo Roteiros de Pol
ruta-dos-fornos-pol
16 Mar 2026

Pol contará cunha actividade cultural e gastronómica que convida a descubrir a tradición panadeira da zona. O evento, denominado Ruta dos Fornos de Pol, levarase a cabo o domingo 22 de marzo e incluirá unha visita a cinco fornos tradicionais acompañada dunha degustación.

A xornada dará comezo ás 10:00 horas desde Santiña Xerbolés. A ruta percorrerá unha distancia de 10 quilómetros, cun nivel de dificultade baixa, o que a fai accesible para a maioría dos participantes.

O prezo da actividade é de 20 euros, e aqueles que precisen transporte desde Lugo poderán viaxar en autobús por 10 euros adicionais.

As persoas interesadas en participar poden reservar a súa praza chamando ao teléfono 650 130 078, lembrando que o aforo é limitado. O pagamento realizarase mediante ingreso na conta bancaria ES 76 20800157 9330 4000 5484.

Esta iniciativa está organizada pola Asociación de Mulleres Rurais de Pol e Roteiros de Pol, contando coa colaboración da Deputación de Lugo, o departamento de Cultura e o propio Concello de Pol.

0.14992213249207