Organizan en Roupar unha xornada de risoterapia

TerraChaXa
A Casa Habaneira de Roupar acollerá unha xornada de risoterapia que se impartirá o martes 7 de maio de 17.
taller risoterapia coidadores cospeito poritada
3 Maio 2024

A Casa Habaneira de Roupar acollerá unha xornada de risoterapia que se impartirá o martes 7 de maio de 17.00 a 20.00 horas.

As inscricións deben facerse nos servizos sociais do concello, no teléfono 678 744 178,  en afalu@afalu.org ou no teléfono 607 843 384.

O curso estará a cargo de Afalu Alzheimer e ten como obxectivo aprender a xestionar e canalizar as emocións, conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade e lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital: enfermidade, dó, etc.

No programa inclúese a risoterapia e o benestar para falar de beneficios físicos e psicolóxicos e as dinámicas e técnicas para a realización de diferentes xogos e actividades.

0.1554639339447