Santaballa programa clases de pilates a partir de febreiro
TerraChaXa
A asociación de mulleres de Santaballa, pouco a pouco quere volver á normalidade e iniciará estes días algunhas das actividades tradicionais.
28 Xan 2022
A asociación de mulleres de Santaballa continúa coa actividade que se reiniciou este outono e oferta novas clases, que realizarán cumprindo as normas sanitarias.
O novo curso que se impartirá será de pilates. Haberá unha primeira clase gratuíta para probar e o obxectivo será empezar o día 2 de febreiro para celebrarse todos os mércores de 19.00 a 20.00 horas.
As persoas interesadas en incribirse poden facelo no teléfono da asociación (647 441 099) ou no da presidenta (676 351 299).