Organizan en Santaballa cursos de encaixe e ioga

TerraChaXa
A asociación de mulleres de Santaballa, pouco a pouco quere volver á normalidade e iniciará estes días algunhas das actividades tradicionais.
encaixe palillos
7 Oct 2021

A asociación de mulleres de Santaballa, pouco a pouco quere volver á normalidade e iniciará estes días algunhas das actividades tradicionais, que realizarán cumprindo as normas sanitarias.

Unha das actividades é de encaixe de boliños, que terá lugar os sábados pola tarde de 16 a 20 horas, impartido por Juani García Madrid. O curso iniciarase este sábado, 9 de outubro.

Tamén haberá clase de ioga, impartida por María del Mar Seijas, en principio está prevista para os xoves de 20.00 a 21.30 horas, aínda que o horario pode sufrir cambios.

As persoas interesadas en incribirse poden facelo no teléfono da asociación (647 441 099) ou no da presidenta (676 351 299).

0.12937998771667