Organizan en Vilalba un curso de promoción do tenis en verán

TerraChaXa
As clases impártense 2 días á semana, en horarios de mañá e tarde
curso-promocion-tenis-vilalba
Cartel
14 Xul 2024

O Club Tenis Vilalbés organiza durante os meses de verán un curso de promoción do tenis con clases de iniciación e perfeccionamento.

As clases impártense 2 días á semana, en horarios de mañá e tarde, e o custo das mesmas é de 25 euros para o alumnado que asista 8 horas mensuais e de 35 para aqueles que asistan 12 horas ao mes.

Poden participar nenos e nenas a partir de 8 anos e tamén adultos. Para inscribirse hai que chamar ao 627 536 059.

0.19021105766296