Organizan esta fin de semana festas en Goiriz

A localidade vilalbesa de Goiriz estará de festa esta fin de semana na honra de San Antonio.
As festas iniciaranse o sábado ás 13.00 horas con misa solemne e procesión, seguida dunha sesión vermú a cargo da orquestra Alianza. Esta mesma estará na verbena xunto a Tania Veiras e os Cumbiapop.
O domingo volverá haber oficio relixioso à mesma hora e a sesión vermú será co trío Merengue, co que se darán por rematadas as festas.