Organizan este sábado en Meira unha visita guiada ao cemiterio de San Roque

TerraChaXa
É un complemento da exposición Os Adeuses Eternos, da igrexa de Meira
cemiterio-de-san-roque-meira
Cemiterio de San Roque
6 Xuño 2024

O sábado 8 de xuño, ás 17:00 horas, terá lugar unha visita guiada ao cemiterio parroquial de San Roque.

A visita é gratuíta e cómpre apuntarse na Oficina de Turismo, que é a encargada desta actividade.

Ademais de ver a evolución da vila polo Camiño Real de Castela, coñecerase o Montiño, as ampliacións do cemiterio, así como os epitafios que se mostran na exposición Os Adeuses Eternos, instalada na igrexa parroquial de Meira e que aínda pode visitarse.

0.19332385063171