Organizan este sábado en Reigosa unha sesión de títeres
A Asociación sociocultural de Reigosa, na Pastoriza, organiza unha noite de teatro a cargo de Mircromina Títeres co título Cromina Cachiporra Pim Pam Pum Monicreques.
Será o sábado 24 de xuño ás 21.00 horas con entrada de balde no centro social do colectivo.
Trátase dun espectáculo de títere tradicional de luva, con rutinas, ritmo e cachiporra dirixda a público familiar. Contará con bailes ao ritmo da música, situacións disparatadas e personaxes de toda a vida desde unha perspectiva actual. Os Barriga Verde galegos, os Dom Roberto portugueses, os Punch ingleses, os Guiñois franceses, os Cristobitas andaluces, os Pulcinellas italianos... son tradicións de diferentes puntos xeográficos, analizadas edescompostas ata a particula máis pequena para poder ter ante nós a Cromina Cachiporra.