Organizan este sábado unha plantación de árbores autóctonas en Guitiriz

TerraChaXa
A Asociación Galega de Custodia do Territorio e o Grupo Naturalista Hábitat farán unha plantación de árbores autóctonas en Guitiriz
plantacion arbores autoctonas residuos guitiriz
10 Mar 2023

A Asociación Galega de Custodia do Territorio e o grupo naturalista Hábitat, en colabración con Afundación – Obra Social Abanca e o Concello de Guitiriz, realizarán este sábado, 11 de marzo do 2023, de 10 a 14 horas, unha actuación de plantación de árbores autóctonas e de recollida de residuos en Guitiriz.

O espazo no que van traballar é unha zona onde antes se levaban os plásticos agrícolas para a súa reciclaxe, pero que se converteu nunha zona onde a xente deixaba os seus residuos, por este motivo, o concello de Guitiriz está a pechar estes espazos. Así pois, os que desexen axudar a restaurar este espazo, retirando os residuos e plantando especies de árbores frondosas, poden seumarse a esta iniciativa a través deste formulario.

As prazas son limitadas e seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

0.1528799533844