Organizan nas Pontes esta fin de semana a IX regata Deputación da Coruña

Xa está anunciada a novena edición da Regata Lago de As Pontes, primeira proba clasificatoria da clase Optimist da nova temporada 2025-2026, que se vai celebrar no lago das Pontes a fin de semana do 30 e 31 de agosto.
Trátase dunha actividade organizada polo Club de Vela Fluvial As Pontes e a Real Federación Gallega de Vela, coa colaboración do Concello de As Pontes e a Deputación da Coruña.
Está prevista a participación dun total de 120 regatistas de clubes de toda Galicia, entre os que non poderán faltar os do equipo pontés de regatas, os cales disputarán un máximo de 6 mangas durante os dous días de competición.