Organizan nas Pontes un club de lectura de novela negra
TerraChaXa
As reunións terán lugar o último luns ou xoves de cada mes ás 20:00 horas na biblioteca municipal.
29 Sep 2024
A Biblioteca Rivera Rouco das Pontes pon en marcha un novo club de lectura que estará dedicado en exclusiva á novela negra.
Trátase dunha proposta para amantes do xénero e para calquera persoa afeccionada á lectura e interesada en mergullarse en investigacións, crimes, e na psique de personaxes de todo tipo.
As reunións terán lugar o último luns ou xoves de cada mes ás 20:00 horas na biblioteca municipal.
As inscricións poden realizarse no teléfono 981 102 562 ou no correo biblioteca@aspontes.org. As prazas son limitadas.