Organizan nas Pontes un seminario de defensa persoal e primeiros auxilios

TerraChaXa
Organizan nas Pontes un seminario de defensa persoal e primeiros auxilios o sábado, 26 de marzo, no pavillón do IES Plurilingüe Castro da Uz.
seminario primeiros auxilios defensa persoal portada
25 Feb 2022

O Concello das Pontes, a través do departamento de Igualdade organiza un novo seminario de defensa feminina o sábado, 26 de marzo, no pavillón polideportivo do IES Plurilingüe Castro da Uz.

O seminario, de balde e que se desenvolverá en horario de mañá, a partir das 10:00 horas, permitirá ás mulleres participantes aprender técnicas de autodefensa e protocolos de actuación no ámbito da defensa persoal, ensaiando estratexias e técnicas para defenderse ante unha posible situación de perigo, rompendo cos mecanismo que bloquean a imposibilitan a reacción así como nocións básicas sobre primeiros auxilios.

As participantes, da man de Jose Rodríguez, instrutor policial PSDI, experto en defensa persoal feminina aprenderán a situarse, afianzarse, a caer e erguerse, reaccionar no chan, moverse, desprazarse ou manter a distancia ante unha agresión.

Pola súa banda, Madó González, doutora en Psicoloxía, ensinará ás mulleres participantes neste seminario a xestionar o medo, abordando cuestións como a definición do medo e a súa orixe, o tipo de medos que existen e ofrecéndolles ferramentas para afrontar e controlas o medo.

María Jesús Castro, especialista en Medicina Familiar e Comunitaria achegará ás participantes aos primeiros auxilios, ofrecéndolles os coñecementos máis básicos para poder proporcionar unha asistencia eficaz ás persoas que se atopen nunha situación de emerxencia.

As mulleres interesadas en participar en este seminario deben cubrir o formulario de inscrición, dispoñible na páxina web municipal, e envialo ao enderezo electrónico comunicacion@aspontes.org ou presentalo no Rexistro Municipal, de luns a venres, de 09:30 a 14:00 horas. Para máis información poden chamar ao teléfono 981 10 92 10.

0.073822975158691