Organizan nas Pontes unha exposición e demostración de torneado e tallado en madeira
									TerraChaXa								
			Será este sábado no local social da Fraga a partir das 11.00 horas
 					
					
Cartel do evento
			
			31 May 2024
			
				O colectivo Amigos da Madeira das Pontes organiza este sábado unha exposición e demostracións de torneado e tallado en madeira no local social da Fraga, Hexágono.
Esta cita está convocada a partir das 11.00 horas e ten como obxectivo facer unha xornada de portas abertas nas que a poboación poda coñecer o traballo no que son especialistas.