Organizan no Castro de Viladonga un obradoiro sobre cestería de colmo

LugoXa | TerraChaXa
Será os días 23 e 24 de novembro e o prazo de inscrición está aberto
obradoiro-cesteria-de-colno
18 Nov 2024

O Museo do Castro de Viladonga anunciou a apertura do prazo de inscrición para o obradoiro Cestería de colmo, que terá lugar os días 23 e 24 de novembro de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas. A actividade estará dirixida por Lola Tourón Río, quen guiará aos participantes na elaboración destas cestas da tradición galega.

O taller, cun máximo de 15 prazas dispoñibles, permitirá aos asistentes descubrir técnicas e coñecementos antigos a súa elaboración.

As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao número 982 87 01 60. A selección dos participantes realizarase por orde de inscrición, polo que se recomenda anotarse canto antes.

0.19517207145691